尤兰达朗读《变形记》诗歌来到美术馆 第三十四期

尤兰达朗读《变形记》诗歌来到美术馆 第三十四期

2016-07-04    03'33''

主播: 诗歌来到美术馆

55 2

介绍:
HISTORIA DA TRANSFORMACIÓN Foi primeiro un trastorno unha lesiva abstinencia de nena eramos pobres e non tiña nin aquilo raquítica de min depauperada antes de eu amargor carente unha parábola de complexos unha síndrome unha pantasma (Aciago a partes iguais botalo en falla ou lamentalo) Arrecife de sombra que rompe os meus colares. Foi primeiro unha branquia evasiva que non me quixo facer feliz tocándome co seu sopro son a cara máis común do patio do colexio a faciana eslamiada que nada en nada sementa telo ou non o tes renuncia afaite traga iso corvos toldando nubes unha condena de frío eterno unha paciente galerna unha privada privación (nena de colexio de monxas que fun saen todas anoréxicas ou lesbianas a letra entra con sangue nos cóbados nas cabezas nas conciencias ou nas conas). Pechei os ollos e desexei con todas as miñas forzas lograr dunha vez por todas converterme na que era. Pero a beleza corrompe. A beleza corrompe. Arrecife de sombra que gasta os meus colares. Vence a madrugada e a gorxa contén un presaxio. ¡Pobre parviña!, obsesionácheste con cubrir con aspas en vez de co seu contido. Foi un lento e vertixinoso agromar de flores en inverno Os ríos saltaban cara atrás e resolvíanse en fervenzas rosas borboletas e caracois nacéronme nos cabelos O sorriso dos meus peitos deu combustible aos aeroplanos A beleza corrompe A beleza corrompe A tersura do meu ventre escoltaba á primavera desbordaron as buguinas nas miñas mans tan miúdas o meu afago máis alto beliscou o meu ventrículo e xa non souben qué facer con tanta luz en tanta sombra. Dixéronme: “a túa propia arma será o teu propio castigo” cuspíronme na cara as miñas propias virtudes neste clube non admiten a rapazas cos beizos pintados de vermello un maremoto sucio unha usura de perversión que non pode ter que ver coa miña máscara de pestanas os ratos subiron ao meu cuarto enluxaron os caixóns da roupa branca litros de ferralla alcatrán axexo ás agachadas litros de control litros de difamadores quilos de suspicacias levantadas só coa tensión do arco das miñas cellas deberían maniatarte adxudicarte unha estampa gris e borrarte os trazos con ácido ¿renunciar a ser eu para ser unha escritora? demonizaron o esguío e lanzal do meu pescozo e o xeito en que me nace o cabelo na parte baixa da caluga neste clube non admiten a rapazas tan ben adubiadas Desconfiamos do estío A beleza corrompe. Mira ben se che compensa todo isto. 变形记 A STORY OF TRANSFORMATION 首先是一种疾病 一个女孩有危害性的禁欲那时我们很穷我一无所有 除了在我面前摇摇晃晃的贫穷 苦涩 一种 寓言情结 一种综合症 鬼 (同样命运多舛的错过或感叹) 打碎我项链的有阴影的暗礁。 首先是一个闪烁的鱼刺 用呼吸抚摸我不可能让我高兴 我是学校操场上最相貌平平的脸 平淡的表达不在任何地方播下什么 拥有或者没有 放弃 习惯 吞下去 乌鸦覆盖着被判决为永久寒冷的云 一阵病人飓风一场私人掠夺 (我是修道院姑娘她们全得了 厌食症女同性恋除了 棍棒糟蹋 胳膊 脑袋 屄或良心)。 我闭上眼睛强烈地盼望 一次性永久地变回到曾经的我。 但美丽会腐败。美丽会腐败。 戴破我项链的有阴影的暗礁。 早晨得胜 咽喉含着预兆。 愚蠢的小东西!你迷恋被十字架覆盖 而不是内容。 这是晕眩之花在冬季缓慢绽放 河流跳回 变成瀑布玫瑰 玛丽帕莎蝴蝶和蜗牛出现在我头发上 我乳房的笑容为飞机增添燃料 美丽会腐败 美丽会腐败 我腹部的紧度护送春天 海螺在我的微型手中流动 我的最高嘉奖掐我的左心室 我已经不知道该怎么办这么多的光在这么多的阴影里。 他们说你的武器将是对你自己的惩罚 他们把我的美德扔到我脸上这个 俱乐部不接受画红唇的女孩 肮脏的海啸变态的高利贷 与我的假睫毛无任何关系 老鼠跑到我房间弄脏我的内衣抽屉 几升废料沥青秘密刺探 几升控制几升毁谤几公升怀疑 与我眉毛的紧张弧度一致你应该被绑起来 被赋予灰色的外观用酸洗去你的特征 停止做自我以便成为一个作家? 他们妖魔化我细长的脖子以及 我头发在我颈背上的样子这个 俱乐部不承认这样调教出来的女孩 我们不信任夏天 美丽会腐败。 仔细想想这一切是否值得。