尤兰达朗读《自画像 SELF-PORTRAIT》诗歌来到美术馆 第三十四期

尤兰达朗读《自画像 SELF-PORTRAIT》诗歌来到美术馆 第三十四期

2016-07-04    03'29''

主播: 诗歌来到美术馆

8448 18

介绍:
AUTORRETRATO Pero eu, filla das miñas fillas, hei desmantelar a golpe de deslumbramentos esta aciaga militancia dunha yolanda emigrante de min. Eu, a soberana estéril, a por desgracia egoísta. Debo tasar a dose exacta de memoria e esquezo. Así a miña visión da vereda é un rostro dende atrás. Todas as escuras raigames que se nacen en min. Non hai dirección que non me conteña, raza que non en min se comece e filas de díxitos extendendo para min os seus dedos ferais. O que interesa son os meus pasos. Coma un bosque de símbolos do que a miña ignorancia é significativa. Moito deixarse a pel pero eu non quixen aprender a chegar. Xardín exiguo, vento pechado de mans, infinita cuadrícula. Renuncio ó lugar do alento. Quero aprender a saír. Hai tempo que un animal vive nutríndose do esquezo. Pero eu son a ventrílocua, eu, a tirana louca, a analfabeta. Co magnífico libro das venturas agochado na vulva. A que non comprendeu nada pero sentiuno todo. Son a ventrílocua, a que corre cantando polos corredores de chumbo, con voz de pizarra. E abortar foi unha obriga, unha necesidade fonda, un desafío. Para cando o pálido manto da miña memoria se vai cubrindo desta pel que eu serei. Que todas as noites con devoción escribo arrebatadoras cartas de amor e nas madrugadas panexíricos a esta yolanda mesquiña, que sabe venderse e coñece o final. Son eu na cripta e o meu nome dentro debuxado de tiza. Habitacións concéntricas. Que a miña intelixencia non compre o meu sentido. O tacto, o privilexio, as ganas de tirarse. Nin a miña cabeza será escrava do meu orgullo. Yolanda a soldada, a comerciante. Porque eu son a que nin agarda. Son o auriga do ardente carro. A egoísta porque está soa. Que tanta calamidade me satisface, porque a miña beleza fundará dinastías. E entón será ir cunha minuciosidade de devota recolleitando eses minúsculos e ditosos pedaciños de espello roto que eu son. Yolanda farame un fogar paupérrimo entre os seus brazos de mundo e así aprenderei a inenarrable alegría de ter casa. E entón virá ese postrímero advento e A VerbA farase carne. E eu direi: " Eu son a da única estirpe de Adnaloy, a que extenderá os seus dedos flamíxeros sobre o horizonte, a que baixará e despois se despoxará do seu manto e vestirá un saial, e logo reclinarase e dará de comer o seu corazón ás bestas”. 自画像 SELF-PORTRAIT 而我,我女儿们的女儿,将被纯粹的炫耀瓦解,这不幸的尤兰达移民的一致性。我,真空君主,意外冒险事故的自我中心者。我必须测量记忆与遗忘的准确剂量。所以我从后视看到路径。所有这些出生于我的黑暗根源。没有一个方向不包含我,没有一个民族不是从我这里升起,没有一个密码军队不是用原始的手指找到我。 我研究我的脚步。就像一个符号森林,我无法触摸。皮肤脱了几层,尽管我从来没有想过到达。轻浅的花园,风困在手中,无限的网格。我放弃呼吸之家。我希望知道如何离开。 很长一段时间里有一只动物在过剩供应的遗忘上发胖。但我懂口技会模仿别人的声音,我,疯狂的暴君,文盲。带着宏伟的历险书蹲在外阴部。她什么也不懂,但感觉到一切。我会模仿别人,她用石板的声音唱歌,跑着穿过沉重的走廊。人工流产是一种责任,严肃的需要,是一种蔑视。我记忆的苍白长袍可能会盖住我将成为的皮肤。你每天晚上尽职地看我给贪心的尤兰达写热烈情书,天亮时写颂词,她知道如何销售自己,知道在哪里结束。 是我在地下室,我的名字里面被粉笔腐蚀。同心圆房间。我的智力可能不会贿赂我的感觉。触摸,特权,需要投掷自己。我的头不会迎合我的骄傲。尤兰达这士兵,商人。因为我两者都不是,她是等待的那一个。我是燃烧的风火轮驾驶。一个自我中心者,因为她是独唱者。她的痛苦就是快乐,因为这种美会建立王朝。然后用一个禁欲主义者的一丝不苟的关注,我将收回破镜的那些微小而迷人的碎片,我就是破镜。尤兰达将在她的双臂之间为我建一个茅草屋,我将在那里学习回家的难言幸福。 看那最后的来临,女性将被制作成“文字”。我宣布:“我是Adnaloy的唯一后裔,她将在地平线上伸开她燃烧的手指,她将下沉,放弃礼服,披上麻布,随后躺下,把她的心脏献给野兽的好胃口。” *Adnaloy 是原作者名字Yolanda(尤兰达) 的反写。(译注)